Saltar ao contido

Mundo Diario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mundo Diario
Diario independiente
Tipoinformación xeral
Fundación16 de febreiro de 1974
Remata30 de decembro de 1980
Empresa editoraGrupo Mundo
PropietarioSebastián Auger
DirectorRamón Solanes Pinyol
FundadorSebastián Auger
ColaboradoresFrancisco Umbral, Terenci Moix, Eduardo Haro Tecglen, Antoni Jutglar
Tendenciaprogresista
esquerda
Linguacastelán
LocalidadeBarcelona
ÁmbitoEspaña España
Periodicidadediario
Tiraxe35.703 (1977)
PredecesorDiario femenino
editar datos en Wikidata ]

Mundo Diario foi un xornal publicado en Barcelona dende 1974 ata 1980 dunha tendencia progresista fundada por Sebastián Auger Duró, un empresario español que creou o Grupo Mundo. O xornal foi un referente informativo durante a transición española[1] que contaba os conflitos sindicais e as protestas estudantís da época contra o réxime franquista, ademais de rastrexar as dificultades do día a día na apertura política de España.[1][2][3] Desapareceu en 1980 debido á bancarrota do Grupo Mundo.[1]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

O xornal foi creado a partir do Diario Femenino[1] que naceu en 1968 como xornal feminino e feminista, empregando métodos modernos e innovadores na edición, e que formulaba temas actuais como o divorcio ou o control da natalidade.

En 1972, Sebastián Auger Duró mercoulle a cabeceira ao empresario Victor Sagi. Dende ese momento, o 4 de outubro de 1972, o diario deuse a coñecer polas súas iniciais DF co obxectivo de amplia-la súa audiencia e agardar a autorización para cambiar o seu nome a Mundo Diario, que finalmente chegou o 15 de febreiro de 1974. Mantivo gran parte da redacción e membros colaboradores entre os que se atopaban Carmen Alcalde, que se converteu na xefa da redacción, Lidia Falcón,[4] Eliseo Bayo ou Miguel Ángel Bastenier.

A derradeira edición de DF publicouse o 15 de febreiro de 1974 dando paso a Mundo Diario.

Características

[editar | editar a fonte]

O xornal, de periodicidade diaria, agás os luns, conseguiu o 90% das súas vendas na área metropolitana de Barcelona, o 8% no resto de Cataluña e o 2% no resto de España segundo datos do OJD. En 1975, o seu prezo era de 8 pesetas e en 1976 de 10 pesetas. A tiraxe en xuño de 1977, segundo a OJD, era de 35.703 exemplares.

Era un xornal de esquerda na procura dun público universitario, obreiro e veciñal. A pesar de non ter conexión orgánica con ningún partido político mantivo boa relación co PSUC. Dedicou atención preferente á información local, espectáculos e sucesos.

Publicábase en español mais, dende o 11 de xuño de 1974, levou unha páxina en catalán.

Equipo de redacción e colaboradores

[editar | editar a fonte]

Desde 1971, cando aínda era Diario Femenino até 1978, a dirección do xornal foi asumida por Ramon Solanes Pinyol. Na redacción, Jaume Serrats era o subdirector e Ramon Miravitllas e Pere Bonnín, redactores xefes. Os seus colaboradores habituais foron: Francisco Umbral, Terenci Moix, Maria Aurèlia Capmany, Eduardo Haro Tecglen, Pere Bonnín, Maruja Torres, Jaume Vidal Alcover, Antoni Jutglar, Ramon Bech, Maruja Torres, Sebastià Serrano.

Entre os periodistas que traballaron nel, destacan: Eduardo Álvarez Puga, que foi director-adxunto entre 1975 e 1979.[5]

As súas coleccións pódense atopar no Arxiu Històric da Ciutat de Barcelona.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Muere Sebastián Auger, ex editor de 'Mundo Diario'". elpais.com (en castelán). 2-4-2002. Consultado o 26-2-2020. 
  2. "La "Triple A" explica los motivos del atentado contra "El Papus"". elpais.com (en castelán). 24-9-1977. Consultado o 26-2-2020. 
  3. "Los GRAPO reivindican los atentados de Santiago y Barcelona del pasado lunes". elpais.com (en castelán). 30-8-1978. Consultado o 26-2-2020. 
  4. Mujeres y hombres en la España franquista: sociedad, economía, política, cultura (en castelán). Editorial Complutense. 2003. ISBN 9788474917451. 
  5. "Nuevo director de "Mundo Diario", de Barcelona". elpais.com (en castelán). 15-4-1977. Consultado o 26-2-2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]